O opio do pobo ou non gusto do fútbol
cataliza @ 03:05
Galiza/Galicia/a nosa terra/fogar de Breogán estrea a súa selección nacional feminina de fútbol, que debutará mañá 27 de decembro en Balaídos fronte á selección nacional de Catalunya. O mesmo día a selección masculina galega xogará contra a selección nacional de Camerún.
La selección del Camerún és una de les seleccions més importants d’Àfrica. Ha guanyat en quatre ocasions la Copa d'Àfrica de Nacions, en els anys de 1984, 1988, 2000 i 2002 (Gràcies , Wikipedia!)
Catalunya es va imposar per 5-0 a Galícia en l'últim partit disputat entre les dues seleccions a la primera fase del Campionat d'Espanya 2006-07, en la categoria Sub-25, que es va disputar a Sant Joan Despí (Font).
Se a selección galega gaña, habemos de ler na prensa comentarios como "Galiza impúxose a Catalunya", "Galicia venceu a Camerún" ou mesmo "Gañamos". Se perde, atoparémonos con frases menos épicas, como "A dianteira irmandiña non foi quen de superar a férrea defensa dos cameruneses". Se empata, "A selección galega arrincou un valioso empate diante dunha selección catalá que nunca deu o partido por perdido".
Velaquí a miña traxedia: non gosto do fútbol, mais morro polos clichés. Sic transit gloria mundi...
Tags: fútbol galiza catalunya camerún selección
Chúzao |
del.icio.us


Un Comentario »
xabre — 26-12-2007 - 12:48:10 GMT 2
Pois eu o Galiza-Catalunya non o perdo! O partido contra os Camaroes xa me interesa menos.
E oxalá fixeran a final da Liga Nacional de Billarda en Balaídos!
Deixar un Comentario